Espeleo Club Aradelas
  • ECA
  • Refuxio
  • Menú

    Refuxio “Peque Prol”

    O refuxio

    Despois de varios anos de traballos, no Espeleo Club Aradelas conseguimos mercar unha pequena casiña en Sotillos de Sabero, preto de Cistierna (León), e adaptala para o seu uso como refuxio.

    O Refuxio Peque Prol, que leva este nome en lembranza de un dos socios do ECA, é unha instalación deportiva destinada a facilitar a práctica da espeleoloxía principalmente, así como outras actividades e deportes no medio natural. Para o bon uso do refuxio e das súas instalacións, así como a convivencia dos usuarios, se fixo un regulamento de uso que se pode descargar aquí.

    • O refuxio ofrece un total de 20 prazas
    • Cociña de butano amueblada, con mesas e menaxe
    • Baño, ducha e auga quente con quentador de butano
    • Dormitorio con liteiras corridas sen colchón
    • Estufa de leña e estufa portatil de butano
    • Tamén dispón de un alboio anexo á casa principal onde se pode gardar o material que usemos durante a actividade e un espacioso terreo axardinado diante dó refuxio

    Ofrecemos o uso de estas instalacións a todo aquel que o solicite, segundo o procedimento descrito nó regulamento.

    Os prezos por noite e persoa son os seguintes:
    Para os socios do ECA: 3 euros.
    Para os non socios federados en espeleoloxía: 6 euros.
    Para os non socios e non federados en espeleoloxía: 10 euros.

    © Copyright - Espeleo Club Aradelas
    Desplazarse hacia arriba