Refuxio “Peque Prol”
O refuxio
Despois de varios anos de traballos, no Espeleo Club Aradelas conseguimos mercar unha pequena casiña en Sotillos de Sabero, preto de Cistierna (León), e adaptala para o seu uso como refuxio.
O Refuxio Peque Prol, que leva este nome en lembranza de un dos socios do ECA, é unha instalación deportiva destinada a facilitar a práctica da espeleoloxía principalmente, así como outras actividades e deportes no medio natural. Para o bon uso do refuxio e das súas instalacións, así como a convivencia dos usuarios, se fixo un regulamento de uso que se pode descargar aquí.
- O refuxio ofrece un total de 20 prazas
- Cociña de butano amueblada, con mesas e menaxe
- Baño, ducha e auga quente con quentador de butano
- Dormitorio con liteiras corridas sen colchón
- Estufa de leña e estufa portatil de butano
- Tamén dispón de un alboio anexo á casa principal onde se pode gardar o material que usemos durante a actividade e un espacioso terreo axardinado diante dó refuxio
Ofrecemos o uso de estas instalacións a todo aquel que o solicite, segundo o procedimento descrito nó regulamento.
Os prezos por noite e persoa son os seguintes:
Para os socios do ECA: 3 euros.
Para os non socios federados en espeleoloxía: 6 euros.
Para os non socios e non federados en espeleoloxía: 10 euros.